Blogia
cristi

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO

Ola compañeiros e compañeiras de 2º Maxisterio de Educación Primaria, son Cris e dispóñome a narrar nunhas pequenas liñas sobre as miñas experiencias no mundo das novas tecnoloxías e da arte.  

O meu primeiro día nas clases de novas tecnoloxías e educación artística  sentinme un pouco estraña e sobre todo perdida, xa que a programación do curso e os traballos que nos mandaron facer (weblog, portafolios, mirar toda a programación e información na USC virtual…), soábanme a chino, quizais por que non estou moi acostumada a este tipo de “cousas”,  digo cousas por que aínda non sei moi ben como lles chamar, e non é nun ton despectivo nin moito menos o que pasa é que prefiro poñer “cousas” a meter a pata é confundir os términos como me soe pasar nestes casos novos.
 Centrándome nas novas tecnoloxías, a verdade é que  por moito que o intento non dou acadado nin o nivel básico. Algúns anos atrás fixen cursos de informática nos que traballei en Word, Access, Excel, Power Point, Internet… e sinceramente só me serviron para ter unha serie de diplomas porque non recordo nada do que fixen. Dentro do malo o que mellor se me dá é Word xa que o emprego para facer tódolos traballos, pero aínda así son moi lenta e non o dou feito todo o ben que quixera por falta de coñecementos sobre as posibilidades que ofrece. Todo esto pode deberse a que eu despois de saír desa aula de informática non repasaba nada do que fixera e, como a verdade non me interesaba o suficiente nin ninguén me esixía ter esa formación naquel momento pasaba un pouco do tema, a verdade e que agora arrepíntome de non prestarlle uns momentos do meu tempo a estes programas.

Como me sinto novata na informática intento evitala por todos os medios, se por min fora entregaría os traballos escritos a man aínda que sei que a presentación con Word é moito mellor, pero bueno se só fose iso non tería moito problema. O peor ben á hora de enviar un correo ou facer outro traballo nun programa como Excel, Power Point...; nese caso por exemplo cando unha profesora pide un traballo  pasado a ordenador e ofrece a posibilidade de entregalo enviándoo por correo electrónico eu sempre prefiro entregalo en man, quedo máis tranquila!!!  Todos os meus compañeiros escríbense correos, sobre todo en Nadal que se mandan postais, eu prefiro o correo de toda a vida, CONFÍO MÁIS NO CARTEIRO QUE NO ORDENADOR.

Agora tócalle a arte. Para min a educación artística tamén ten a súa complicación. Durante a miña formación non lle dediquei moito a esta materia, so as horas lectivas que ofrecían no colexio ou no instituto. No colexio, a hora educación artística era considerada como un tempo de lecer, xa que as mestras se non faciamos os deberes de matemáticas, lingua... podíannos castigar sen a hora de educación artística para que fixeramos as tarefas nese momento. Polo que era considerada como unha asignatura de menos valor xa que se podía suprimir para dedicala a outros deberes. A verdade é que nós os alumnos/as nese momento pasábamolo mellor que noutras clases por que resultaba máis amena xa que empregabamos materiais distintos e con máis atractivo para nos (ceras, rotuladores, lápices de cores, tesoiras, revistas....) e podiamos falar máis entre nós.

No instituto xa era un pouco máis complexa e pasou a chamarse debuxo artístico e debuxo técnico. Tiñamos que facer láminas con témperas que moitas veces entregábaslle unha lámina ó mestre que  che resultara moi dicícil de facer e ó mestre non lle gustaba e ata podía chegar a rompela, sen embargo facías unha case a rumbo, abstracta, e sen esforzo e parecíalle xenial!.

Hoxe en día considero que a arte acolle un abanico de posibilidades.  Eu coñezo o nome dalgúns artistas pero non son capaz de relacionalos coas súas obras.

Sen máis, para min aquela PERSOA QUE ENTENDE DE ORDENADORES É UN ARTISTA.

Un saúdo. Cris

1 comentario

sandra -

cris, está moi ben o que escribiches pero este verde fai aumentar a miopia, polo menos.
un bikaso