Blogia
cristi

XA FALTA POUCO

XA FALTA POUCO Estase achegando a hora de rematar este curso de educación plástica e visual. Podo facer unha pequena píntese de cómo me sentín. Nun primeiro momento todo parecía tan complexo e tiña a sensación de que non o ía dar feito; unhas semanas despois esta situación de malestar foise calmando pero sempre con esa incertidumbre de non o estar facendo ben, de estar fallando ou non conserguir o que que realmente desecaba. Agora que estamos case nos últimos días as actividades volven adquirir unha certa complexidade ou máis ben volve ser ese medo o que vai cegar xa que queda pouco tempo e teño presentimento de que non me vai dar tempo ou de que non dou acadado os obxectivos que me propuxen nun principio, sen embargo seguireino intentando intentando. Anda que esto soe a unha especie de “predespedida” o que me quedou claro e que non vou deixar de lado nin a educación artística nin as novas tecnoloxías como tiña feito ata o de agora. Nun principio non lle vía ningún sentido a estas aignaturas, so pensaba e eran actividades con certo grao de dificultade sen máis. Agora doume conta da importancia que van te restes proxectos na miña vida como futura docente. 

0 comentarios