Blogia
cristi

PASEO POLA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Durante o noso paseo pola cidade de Santiago para recoller imaxes para unha composición de educación artística puidemos comprobar a cantidade de cousas que nos pasan desapercibidas cando visitamos unha cidade, ou o que aínda é peor, que vivamos nela e que só nos fixemos neses detalles para facer un traballo. A medida que íamos andade puidemos comprobar que na cidade, se te fixas un pouco, todas as cousas teñen un color e unha textura diferente ( o natural, o artificial, o zona antiga, a nova, escaparates, edificios, maquinaria ...). agora cada vez que paseo por aquí fíxome nalgún elemento ou obra da cidade e penso, “esto pode valer é totalmente diferente do que levamos visto“. Mentres non organizamos a presentación vou ter que saír sempre acompañada dunha cámara por se me atopo con algo interesante e diferente.

0 comentarios