Blogia
cristi

Canto tempo...!!!!!!!!!

Canto tempo...!!!!!!!!!  
Ola de novo, fai tempo que non escribo na blog e xa non sei se lembrarei como se fai, vouno intentar, pero coas novas tecnoloxías se non repasas con frecuencia o que vas aprendendo chega un momento que te esqueces.
Para ser sincera tardei tanto en escribir por que non sabía moi ben o qué. Agora que xa traballei unha tempada co meu grupo comentarei como vai o proceso.

A primeira parte do proxecto, a fundamentación, resultoume bastante complexa por que non entendía moi ben o que había que facer, bueno, entregamos esta parte e aínda non sei se vai ben. Esto resultoume complexo quizais por que non estou moi acostumada a facer estes simulacros tan realistas, (xa sabedes, sodes un claustro de profesoras....). Durante a elaboración desta parte interrelacionamos  distintas materias que xa demos o curso pasado e algunhas este ano (didáctica xeral, psicoloxía, novas tecnoloxías...) e desta forma recordamos conceptos que case non lembrabamos, foi unha boa forma de repasar. Digo boa forma por que ó plantexarnos un simulacro, unha situación real, había que facer un análise máis exhaustivo do que queriamos para a nosa escola, analizando as características positivas e as negativas, o tipo de escola, como van ser os profesores, a papel do alumnado, as tarefas...e todo esto presentado en Power Paint. Por certo falando deste programa, eu xa había tempo que non o utilizaba e case non lembraba nada del, agora, aínda que non o domino todo o ben que quixera voume defendendo.

0 comentarios