Blogia
cristi

PEQUENOS PROFES

A visita que nos fixeron os nenos da Salle foi unha gran sorpresa. Esta visita debíase a que nos viñan explicar como se empregaba o programa SQUEAK, foron os nosos profes durante máis ou menos unha hora. Eu persoalmente quedei moi sorprendida polo ben que souberon explicar, á súa maneira e cun linguaxe coloquial e sen complicacións, todo o contrario do que soe ser todo o relacionado coas novas tecnoloxías, qué é unha linguaxe demasiado técnica. Ademais tamén parecía incrible ese dominio que tiñan do ordenador con só oito ou nove anos que tiñan. Comprobei que a partir dun ordenador pódense facer moitas actividades cos alumnos/as e que a partir diso relacionan moitas materias entre si (lingua, coñecemento do medio, educación artística ...e sobre todo traballan coas novas tecnoloxías). Sigo dicindo que a sociedade avanza e esto dá lugar a que haxa tamén un avance do currículo, da metodoloxía dos profesores para impartir as súas clases, do aprendizaxe dos alumnos... cando eu tiña a idade destes nenos todo se baseaba no libro de texto e as materias eran case totalmente independentes unhas das outras, só había que estudiar o que poñía o libro, nós estudiabámolo case sen lóxica e sen verlle unha utilidade fóra das aulas, nas nosas vidas cotiás. Empregando as novas tecnoloxías como foi este o caso, relacionan unhas materias con outras e á vez venlle utilidade e sobre todo son experiencias que lle axudarán a recordar sempre eses temas de coñecemento, lingua, educación artística, emprego das novas tecnoloxías...

3 comentarios

sandra -

Que sorte que che escribiron os nenos!!!!A túa blog está ok!! Agora sí que me mola!

Antonio y Martín -

¡Hola! somos Antonio y Martín esperamos que hayas aprendide lo de " Skeack".
Bueno.¿Nos vas a mandar fotos? Contestarnos en "El sistema solar de Skeack".Asta luego.

Xoán y Clara -

Hola somos Xoán y Clara alumnos del colegio "La Salle" tenemos entre 8 y 9 años somos los que os fuimos a enseñar lo del squeak
nos gusto mucho estar con vosotros...