Blogia

cristi

XA FALTA POUCO

XA FALTA POUCO

Estase achegando a hora de rematar este curso de educación plástica e visual. Podo facer unha pequena píntese de cómo me sentín. Nun primeiro momento todo parecía tan complexo e tiña a sensación de que non o ía dar feito; unhas semanas despois esta situación de malestar foise calmando pero sempre con esa incertidumbre de non o estar facendo ben, de estar fallando ou non conserguir o que que realmente desecaba. Agora que estamos case nos últimos días as actividades volven adquirir unha certa complexidade ou máis ben volve ser ese medo o que vai cegar xa que queda pouco tempo e teño presentimento de que non me vai dar tempo ou de que non dou acadado os obxectivos que me propuxen nun principio, sen embargo seguireino intentando intentando. Anda que esto soe a unha especie de “predespedida” o que me quedou claro e que non vou deixar de lado nin a educación artística nin as novas tecnoloxías como tiña feito ata o de agora. Nun principio non lle vía ningún sentido a estas aignaturas, so pensaba e eran actividades con certo grao de dificultade sen máis. Agora doume conta da importancia que van te restes proxectos na miña vida como futura docente. 

PEQUENOS PROFES

A visita que nos fixeron os nenos da Salle foi unha gran sorpresa. Esta visita debíase a que nos viñan explicar como se empregaba o programa SQUEAK, foron os nosos profes durante máis ou menos unha hora. Eu persoalmente quedei moi sorprendida polo ben que souberon explicar, á súa maneira e cun linguaxe coloquial e sen complicacións, todo o contrario do que soe ser todo o relacionado coas novas tecnoloxías, qué é unha linguaxe demasiado técnica. Ademais tamén parecía incrible ese dominio que tiñan do ordenador con só oito ou nove anos que tiñan. Comprobei que a partir dun ordenador pódense facer moitas actividades cos alumnos/as e que a partir diso relacionan moitas materias entre si (lingua, coñecemento do medio, educación artística ...e sobre todo traballan coas novas tecnoloxías). Sigo dicindo que a sociedade avanza e esto dá lugar a que haxa tamén un avance do currículo, da metodoloxía dos profesores para impartir as súas clases, do aprendizaxe dos alumnos... cando eu tiña a idade destes nenos todo se baseaba no libro de texto e as materias eran case totalmente independentes unhas das outras, só había que estudiar o que poñía o libro, nós estudiabámolo case sen lóxica e sen verlle unha utilidade fóra das aulas, nas nosas vidas cotiás. Empregando as novas tecnoloxías como foi este o caso, relacionan unhas materias con outras e á vez venlle utilidade e sobre todo son experiencias que lle axudarán a recordar sempre eses temas de coñecemento, lingua, educación artística, emprego das novas tecnoloxías...

PASEO POLA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Durante o noso paseo pola cidade de Santiago para recoller imaxes para unha composición de educación artística puidemos comprobar a cantidade de cousas que nos pasan desapercibidas cando visitamos unha cidade, ou o que aínda é peor, que vivamos nela e que só nos fixemos neses detalles para facer un traballo. A medida que íamos andade puidemos comprobar que na cidade, se te fixas un pouco, todas as cousas teñen un color e unha textura diferente ( o natural, o artificial, o zona antiga, a nova, escaparates, edificios, maquinaria ...). agora cada vez que paseo por aquí fíxome nalgún elemento ou obra da cidade e penso, “esto pode valer é totalmente diferente do que levamos visto“. Mentres non organizamos a presentación vou ter que saír sempre acompañada dunha cámara por se me atopo con algo interesante e diferente.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

E o momento de comentar as actividades de educación artística, e non o fago en segundo lugar por qué lle estea quitando importancia como fai  a maioría do persoal docente, o que pasa é que me sitúo diante dun ordenador e xa se me ben á cabeza a asignatura de Novas Tecnoloxías (será un efecto secundario?????).
A elaboración da narrativa da miña historia persoal con relación ó arte pareceume un traballo no que reflexionei sobre os meus vínculos co arte e a educación artísticas, a verdade é que eran bastante pobres pero non debo ser a única culpable xa que os meus profesores vías esa asignatura como una hora de lecer ou tempo libre polo que nós tampouco poñiamos moito interese. Fun recompilando algúns debuxos, calificándoos e seleccionándoos para incluílos no traballo.
En canto ó obxecto pareceume unha boa maneira de representar as obras artísticas, xa que se trata dunha cesta onde se ve por un lado es materias primas para elaborar as obras (papeis de diferentes cores, texturas, tamaño... o que fai referencia ós distintos materiais cos que podemos facer unha escultura, un cadro, unha tatuaxe, unha comida...en definitiva materiais cos que podemos facer ARTE!!!) e por outro distintas obras. Non sei se conseguiría lograr o meu obxectivo, ó mellor alguén non o interpreta como o fixen eu.
 
Sen máis.
 
                Un saúdo de    CRIS

Canto tempo...!!!!!!!!!

Canto tempo...!!!!!!!!!

 
Ola de novo, fai tempo que non escribo na blog e xa non sei se lembrarei como se fai, vouno intentar, pero coas novas tecnoloxías se non repasas con frecuencia o que vas aprendendo chega un momento que te esqueces.
Para ser sincera tardei tanto en escribir por que non sabía moi ben o qué. Agora que xa traballei unha tempada co meu grupo comentarei como vai o proceso.

A primeira parte do proxecto, a fundamentación, resultoume bastante complexa por que non entendía moi ben o que había que facer, bueno, entregamos esta parte e aínda non sei se vai ben. Esto resultoume complexo quizais por que non estou moi acostumada a facer estes simulacros tan realistas, (xa sabedes, sodes un claustro de profesoras....). Durante a elaboración desta parte interrelacionamos  distintas materias que xa demos o curso pasado e algunhas este ano (didáctica xeral, psicoloxía, novas tecnoloxías...) e desta forma recordamos conceptos que case non lembrabamos, foi unha boa forma de repasar. Digo boa forma por que ó plantexarnos un simulacro, unha situación real, había que facer un análise máis exhaustivo do que queriamos para a nosa escola, analizando as características positivas e as negativas, o tipo de escola, como van ser os profesores, a papel do alumnado, as tarefas...e todo esto presentado en Power Paint. Por certo falando deste programa, eu xa había tempo que non o utilizaba e case non lembraba nada del, agora, aínda que non o domino todo o ben que quixera voume defendendo.

Pouquiño a pouco…

Pouquiño a pouco…

A medida que avanza a sociedade o mundo é cada vez máis tecnolóxico.

 

Este sistema vai cambiando como tamén o fan a cultura, as formas de pensar, de actuar... é decir, a sociedade cambia en tódolos seus ámbitos polo que tamén deben cambiar os contidos do currículo no ámbito escolar. Debemos adaptar o currículo á nova sociedade e tamén plant4exarnos preguntas sobre como vai ser nun futuro.

 

Nós, como futuros docentes, na escola debemos plantexar as novas situacións, resolver as dúbidas e axudar ós alumnos/as para que poidan adaptarse da mellor forma a esta sociedade continuamente cambiante. Relacionado con esto creo que lle podemos sacar moito partido á realización do primeiro proxecto de Novas Tecnoloxías.. o feito de plantexarnos esta situación o máis realistas posible fai que podamos comprobar os aspectos positivos e negativos, as consecuencias das decisións, as necesidades e dificultades que se poden dar. En  Educación Artística nunca realicei análise de obras, tampouco nunca as vin analizar polo que me costa moito facelo xa que me resulta bastante complexo, sobre todo cando relacionamos aspectos semellantes de dúas obras de distintas épocas.
En canto ó programa PowerPoint non parece tan complexo como pensaba, bueno, ó mellor aínda se complica moito máis... por agora paréceme que é un bo xeito de facer presentacións, axudas para exposicións... e que quedan realmente mellor

Bueno, día a día parece que vou vendo esa luz que me guía e me orienta nestas asignaturas, nun principio tan abstractas e oscuras para min.

Bueno, aínda que esa luz se me apague ó longo do curso tratarei de acendela, espero que non chegue a fundirse definitivamente.
con animación, con imaxes... que un texto sen máis.

 

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO

Ola compañeiros e compañeiras de 2º Maxisterio de Educación Primaria, son Cris e dispóñome a narrar nunhas pequenas liñas sobre as miñas experiencias no mundo das novas tecnoloxías e da arte.  

O meu primeiro día nas clases de novas tecnoloxías e educación artística  sentinme un pouco estraña e sobre todo perdida, xa que a programación do curso e os traballos que nos mandaron facer (weblog, portafolios, mirar toda a programación e información na USC virtual…), soábanme a chino, quizais por que non estou moi acostumada a este tipo de “cousas”,  digo cousas por que aínda non sei moi ben como lles chamar, e non é nun ton despectivo nin moito menos o que pasa é que prefiro poñer “cousas” a meter a pata é confundir os términos como me soe pasar nestes casos novos.
 Centrándome nas novas tecnoloxías, a verdade é que  por moito que o intento non dou acadado nin o nivel básico. Algúns anos atrás fixen cursos de informática nos que traballei en Word, Access, Excel, Power Point, Internet… e sinceramente só me serviron para ter unha serie de diplomas porque non recordo nada do que fixen. Dentro do malo o que mellor se me dá é Word xa que o emprego para facer tódolos traballos, pero aínda así son moi lenta e non o dou feito todo o ben que quixera por falta de coñecementos sobre as posibilidades que ofrece. Todo esto pode deberse a que eu despois de saír desa aula de informática non repasaba nada do que fixera e, como a verdade non me interesaba o suficiente nin ninguén me esixía ter esa formación naquel momento pasaba un pouco do tema, a verdade e que agora arrepíntome de non prestarlle uns momentos do meu tempo a estes programas.

Como me sinto novata na informática intento evitala por todos os medios, se por min fora entregaría os traballos escritos a man aínda que sei que a presentación con Word é moito mellor, pero bueno se só fose iso non tería moito problema. O peor ben á hora de enviar un correo ou facer outro traballo nun programa como Excel, Power Point...; nese caso por exemplo cando unha profesora pide un traballo  pasado a ordenador e ofrece a posibilidade de entregalo enviándoo por correo electrónico eu sempre prefiro entregalo en man, quedo máis tranquila!!!  Todos os meus compañeiros escríbense correos, sobre todo en Nadal que se mandan postais, eu prefiro o correo de toda a vida, CONFÍO MÁIS NO CARTEIRO QUE NO ORDENADOR.

Agora tócalle a arte. Para min a educación artística tamén ten a súa complicación. Durante a miña formación non lle dediquei moito a esta materia, so as horas lectivas que ofrecían no colexio ou no instituto. No colexio, a hora educación artística era considerada como un tempo de lecer, xa que as mestras se non faciamos os deberes de matemáticas, lingua... podíannos castigar sen a hora de educación artística para que fixeramos as tarefas nese momento. Polo que era considerada como unha asignatura de menos valor xa que se podía suprimir para dedicala a outros deberes. A verdade é que nós os alumnos/as nese momento pasábamolo mellor que noutras clases por que resultaba máis amena xa que empregabamos materiais distintos e con máis atractivo para nos (ceras, rotuladores, lápices de cores, tesoiras, revistas....) e podiamos falar máis entre nós.

No instituto xa era un pouco máis complexa e pasou a chamarse debuxo artístico e debuxo técnico. Tiñamos que facer láminas con témperas que moitas veces entregábaslle unha lámina ó mestre que  che resultara moi dicícil de facer e ó mestre non lle gustaba e ata podía chegar a rompela, sen embargo facías unha case a rumbo, abstracta, e sen esforzo e parecíalle xenial!.

Hoxe en día considero que a arte acolle un abanico de posibilidades.  Eu coñezo o nome dalgúns artistas pero non son capaz de relacionalos coas súas obras.

Sen máis, para min aquela PERSOA QUE ENTENDE DE ORDENADORES É UN ARTISTA.

Un saúdo. Cris